martes, 30 de abril de 2013

BINTA E A GRAN IDEA.


Bon. Este pequeno e insignificante adxetivo, define perfectamente este vídeo "Binta e a gran idea". Un lugar africano, con moita xente que loita pola supervivencia, por comer algo cada día, que loita polos seus dereitos, principalmente mulleres e nenas que moitas delas nin sequera poden ir a escola, un país que aínda que poidamos decir que é dos menos desenvolvidos, tamén é un país no que os seus habitantes son xente con moita cabeza, con moi boas ideas, e que se algún día lles deran a oportunidade de estudar non perderian por nada do mundo esa oportunidade, sairian adiante e lograrian ser algo na vida. Este país ao principio do corto compárase cos paises de raza branca, que son paises máis abanzados, con tecnoloxía e maquinaria que lles permite unha maior facilidade, para cousas tan sinxelas como pescar. Pero aínda que sexa un país subdesenvolvido, hai que destacar as súas ganas de sair adiante e de chegar a ser algo na vida, a súa loita constante pola supervivencia.


 Este fragmento de vídeo, escollino xa que foi sen dúbida o que máis me gustou, Soda decide plantarse ante seu pai nesa gran oportunidade que se lle brinda, xa que é o que transmiten eses nenos nesa obra de teatro: que todas as nenas poden ir á escola, que esas nenas non son escravas de seus pais e que algún día poden chegar a ser algo na vida. Nesa oportunidade que se lle brinda Soda dille a seu pai que non lle pode negar un futuro, ela quere estudar, e a partir dese momento todos os alí presentes berranlle indicando que non é quen de negarlle o futuro a súa filla. Dende a miña opinión, un ten que ir cos tempos, non porque a súa muller, nai, avoa... fora a persoa que fixera as cousas da casa e se encargaran de seus pais, non por eso ten que obrigar as súas fillas a facer o mesmo, non se os tempos cambian e xa hai nenas que van á escola, nenas que buscan un futuro como o fan os rapaces, un ten que buscar o bon para a súa filla. 

jueves, 11 de abril de 2013

África.

A poboación en África sempre foi moi escasa en comparación ao moito territorio que abarca este continente. Esto é debido a que África poderíase dicir que non está moi desenvolvido e as condicións de vida que alí levan (mala alimentaciións, enfermidades, excaseza de auga...) lévanos a un ascenso da mortalidade facendo que a experanza de vida sexa mínima en relación a os demáis continentes. Ademáis desto é un país extremadamente pobre aínda que temos excepcións e cidades máis ricas, tanto en capital como en materias primas.
África, ademáis de destacar en música, danzas, orixinalidade nas súas tribus... Tamén é un continente moi interesante na literatura, e no que tivo orixe moitos autores importantes e que destacaron nun  ámbito internacional. Exemplo destes son: Olaudah Equiano o Ibn Jauldún.

lunes, 8 de abril de 2013

Grafico de los 15 paises mas ricos del mundo.